lunes, 5 de enero de 2009

ELENA GONZÁLEZ SÁNCHEZ





Elena González Sánchez nació en Bóveda (Lugo) el 15.04.1953

Dende sempre estivo vinculada ao movemento social, pero comenzou a súa andaina no movemento veciñal a partir de que foi a vivir ao barrio de Coia en Vigo.

1991 - 2003: Presidenta da Asociación Veciñal “Camiño Vello” de Coia
2004 – 2007: Vogal da Asociación Veciñal “Camiño Vello” de Coia.
1999 – 2001: Vogal de transporte da FAVEC (Federación Veciñal “Eduardo Chao”
2001 – 2003: Secretaria da FAVEC
2003 – Actualidade: Presidenta da FAVEC
2007 – Actualidade: Presidenta Confederación Estatal de Asociaciones de Vecinos
2008 – 2010: Presidenta da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro”




Elena González Sánchez.- Bóveda – Lugo 1953



“Loitadora incansable polos dereitos da veciñanza”, tal podería ser o enunciado que resume a laboura desenvolvida por Elena González durante máis de 15 anos de colaboración desde o movemento veciñal de Vigo.

Elena nace no pequeño pobo lucense de Bóveda. Entre hábitos e internados xa desde cativa empezou a medrar un espírito loitador. É o amor e matrimonio o que fai que se traslade á cidade de Vigo onde empeza a traballar, primeiro na venta de libros e logo nunha guardería.

Logo do nacemento das súas fillas Elena decide adicarse por completo ao seu coidado e educación; é entón cando empeza a afondar no seu entorno social e a implicarse de cheo nas problemáticas do seu barrio, participando en diferentes colectivos como as Anpas do Colexio do Rocío, a parroquia e finalmente na Asociación Veciñal “Camiño Vello” de Coia na que pronto é elixida presidenta.

En Coia
Son tempos difíciles para aquel barrio vigués de Coia no que existen moitos problemas sociais, de infraestructuras e drogas. Elena non dubida en traballar desde a base, en aglutinar á veciñanza para obter melloras nas deterioradas vivendas do barrio, deste xeito negocia e tramita as subvencións para os arranxos coa Xunta de Galicia, tamén logra que a decaída asociación se transforme nun centro vivo, que dinamiza a vida no barrio, con actividades servizos e como punto de encontro para toda a veciñanza.

Federación Veciñal
Desde fai máis de 5 anos Elena é a presidenta dunha Federación Veciñal que agrupa a 34 asociacións veciñais de Vigo, o que representan o tecido asociativo máis importante desta cidade. Na actualidade ela e máis o seu equipo de traballo veñen de acadar as 15.000 firmas para facer realidade a área metropolitana de Vigo, así como obtiveron unha resolución xudicial histórica que obriga ao Concello e Aqualia a devolver 1,3 mm. que cobrou de más á cidadanía entre os anos 1992 e 1995.

Da man de Elena e o seu equipo a Federación Veciñal desenvolve unha incesante actividade e leva a cabo importantes proxectos sociais coa fin de mellorar a calidade de vida da veciñanza como o programa “Mañás Veciñais” que presta servizos ás persoas maiores ou o Banco do Tempo, así como a construción de vivenda digna a un prezo asequible en Navia e Barreiro.

Otros foros
Actualmente Elena fai que o movemento veciñal de Vigo sexa un referente en toda Galicia e España así como compatibiliza a súa labor na Federación de Vigo coa dirección doutras entidade sociais dentro do ámbito veciñal: como Vicepresidenta da Confederación Estatal de Asociaciones de Vecinos(CEAV) e Presidenta da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (COGAVE).

No hay comentarios:

Publicar un comentario